Yolanda Castaño 
Translator

on Lyrikline: 11 poems translated

from: alemán, gallego, ruso to: gallego, español

Original

Translation

störtebeker

alemán | Jan Wagner

„Ich bin der neunte, ein schlechter Platz.
Aber noch läuft er.“

(Günter Eich)

noch läuft er, sieht der kopf dem körper zu
bei seinem vorwärtstaumel. aber wo
ist er, er selbst? in diesen letzten blicken
vom korb her oder in den blinden schritten?
ich bin der neunte und es ist oktober;
die kälte und das hanfseil schneiden tiefer
ins fleisch. wir knien, aufgereiht, in tupfern
von weiß die wolken über uns, als rupfe
man federvieh dort oben – wie vor festen
die frauen. vater, der mit bleichen fäusten
den stiel umfaßt hielt, und das blanke beil,
das zwinkerte im licht. das huhn derweil
lief blutig, flatternd, seinen weg zu finden
zwischen zwei welten, vorbei an uns johlenden kindern.

© Berlin Verlag
from: Guerickes Sperling
Berlin Verlag, 2004
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin 2010

störtebeker

gallego

                        „Son o noveno, non é un bo posto.
                        Pero el aínda camiña.“
                        (Günter Eich)


aínda camiña; a cabeza mirando para o seu corpo
que avanza dando tombos. pero, realmente onde 
está el, onde o seu verdadeiro ser? nesas últimas miradas 
que lanzou dende o canastro, ou nos pasos cegos?
son o noveno e é outubro;
o frío e a soga cortan máis profundo na
carne. estamos de xeonllos en fila; as nubes 
enriba de nós en manchas brancas, coma se desplumasen 
alá arriba aves domésticas, igual que fan as mulleres
antes das festas. entón o puño lívido do pai
agarraba o mango da machada, o seu gume puído
chiscáballe ao sol. e daquela a galiña, un sarillo de
sangue e plumas revolvéndose, facía o seu cego traxecto entre
dous mundos, pasando a través das nosas mofas de nenos.


Tradución ao galego: Yolanda Castaño

quittenpastete

alemán | Jan Wagner

wenn sie der oktober ins astwerk hängte,
ausgebeulte lampions, war es zeit: wir
pflückten quitten, wuchteten körbeweise
gelb in die küche

unters wasser. apfel und birne reiften
ihrem namen zu, einer schlichten süße -
anders als die quitte an ihrem baum im
hintersten winkel

meines alphabets, im latein des gartens,
hart und fremd in ihrem arom. wir schnitten,
viertelten, entkernten das fleisch (vier große
hände, zwei kleine),

schemenhaft im dampf des entsafters, gaben
zucker, hitze, mühe zu etwas, das sich
roh dem mund versagte. wer konnte, wollte
quitten begreifen,

ihr gelee, in bauchigen gläsern für die
dunklen tage in den regalen aufge-
reiht, in einem keller von tagen, wo sie
leuchteten, leuchten.

© Berlin Verlag
from: Achtzehn Pasteten
Berlin : Berlin Verlag, 2007
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin 2010

marmelos

gallego

cando octubre os penduraba por entre as ramas
–faroliños avultados– xa era tempo: iamos apañar
marmelos maduros, carrexando as cestas da 
               amarela recompensa até a cociña.

poñiámolos a remollo. as mazás e peras 
maduraban até os seus nomes, até un dulzor sinxelo,
non coma os marmelos, aferrados ás pólas
               nalgún alfabeto dun escuro recanto,

recónditos no latín do xardín,
duros e estraños no aroma seu. partiámolos,
cortabámolos en cuartos e quitabámoslle o corazón 
               (eramos catro mans adultas, dúas algo menores),

velados polas nubes de vapor do espremedor, 
botabámoslle azucre, calor e esmero a algo que, 
crudo, rexeitaba o padal. pero despois quen podería, 
               quen daría desentrañado os marmelos:

a súa xelea en tarros abombados, en ringleiras
nas alacenas gardados para a escuridade, almacenados
para os días severos, unha bodega de días nos que eles
               brillaron, nos que aínda están brillando. 

Tradución ao galego: Yolanda Castaño

guerickes sperling

alemán | Jan Wagner

„...köstlicher als Gold, bar jeden
Werdens und Vergehens...“
- Otto von Guericke -

was ist das, unsichtbar und doch so mächtig,
daß keine kraft ihm widersteht? der kreis
von bürgern rund um meister guericke
und seine konstruktion: die vakuumpumpe,
die auf drei beinen in das zimmer ragt,
vollendet und mit der obszönen grazie
der mantis religiosa. messingglanz,
die kugel glas als rezipient: hier sitzt
der sperling, der wie eine weingeistflamme
zu flackern angefangen hat – die luft
die immer enger wird. vorm fenster reifen
die mirabellen, summt die wärme, wächst
das gras auf den ruinen. an der wand
ein kupferstich vom alten magdeburg.
die unbeirrbarkeit der pendeluhr,
diopter, pedometer, astrolabium;
der globus auf dem tisch, wo eben erst
neuseelands rückenflosse den pazifik
durchschnitten hat, und wie aus weiter ferne
das zähe trotten eines pferdefuhrwerks.
„dieser tote sperling“, flüstert einer,
„wird noch durch einen leeren himmel fliegen.“

© Berlin Verlag
from: Guerickes Sperling
Berlin : Berlin Verlag, 2004
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin 2010

o pardal de guericke

gallego

                                                                        
…máis valioso que o ouro, desprovisto
de todo devir ou perecer…
Otto von Guericke


que é iso, invisible e porén tan potente
que non hai forza que lle poda? un grupo
de veciños rodean o mestre guericke
e a súa construción: a bomba de baleiro,
en pé sobre tres patas na estancia, unha peza
perfecta cuxo porte recorda a graza obscena da
mantis relixiosa. latón resplandecente,
o seu recipiente unha esfera de vidro: e agora
o pardal que empeza a titilar coma unha chama sobre
o alcohol do viño; polo aire cada vez máis 
escaso. ao outro lado da xanela madurecen os
mirabeles, zoa a calor, medra a herba sobre as ruinas.
na parede un gravado en cobre da antiga magdeburgo.
a imperturbabilidade dos reloxios de péndulo;
dioptra, podómetro, astrolabio;
sobre a mesa o globo onde a aleta dorsal de
nova zelandia acaba de lle meter un tallo ao gran
pacífico e, coma un son que chegase de moi lonxe,
o trote teimoso dunha carruaxe de cabalos.
”este pardal morto”, alguén besbella,
”voará algún día por un ceo baleiro”.


Tradución ao galego: Yolanda Castaño

champignons

alemán | Jan Wagner

wir trafen sie im wald auf einer lichtung:
zwei expeditionen durch die dämmerung
die sich stumm betrachteten. zwischen uns nervös
das telegraphensummen des stechmückenschwarms.

meine großmutter war berühmt für ihr rezept
der champignons farcis. sie schloß es in
ihr grab. alles was gut ist, sagte sie,
füllt man mit wenig mehr als mit sich selbst.

später in der küche hielten wir
die pilze ans ohr und drehten an den stielen -
wartend auf das leise knacken im innern,
suchend nach der richtigen kombination.

© beim Verlag
from: Probebohrung im Himmel
Berlin: Berlin Verlag, 2001
ISBN: 3-8270-0071-8
Audio production: 2002, M. Mechner, literaturWERKstatt berlin

champiñóns

gallego

topamos con eles nun claro do bosque:
dúas expedicións que mudas se  
observaban baixo o crepúsculo. entre nós, inquedo,
o zunido telegráfico do enxame de mosquitos.

a miña avóa era famosa pola súa receita
de champiñóns recheos. encerrouna con fecho
na súa tumba. todo o que é bo, dicía,
non debe encherse con moito máis ca consigo mesmo. 

máis tarde, na cociña, achegabamos os 
fungos aos ouvidos e xirabámoslles os talos,
esperando o suave clic ao interior,
procurando a combinación correcta.

Tradución ao galego: Yolanda Castaño

kleinstadtelegie

alemán | Jan Wagner

die schattenkarawane, jeden morgen
 ihr aufbruch, und die waschanlage,
 die stets aus einem reinen schlaf erwachte.

 und in den lieferwagen pendelten
 die schweinehälften zwischen ja und nein,
 den linden wuchsen herzen. und es paßte

 nicht mehr als ein blatt papier zwischen mich und die welt.
 und in den gärten, hinter allen hecken
 verkündeten die rasenmäher den mai.

© beim Autoren
from: Unveröffentlichtem Manuskript
Audio production: 2002, M. Mechner, literaturWERKstatt berlin

elexía da cidade pequena

gallego

a caravana de sombras que parte
cada mañá, e o lavado de coches
sempre espertando dun sono impecable.

e nas furgonetas das carnicerías as
metades de porco bambeaban entre un si e un non
e aos tileiros abrollábanlles corazóns. e non collía 

máis ca unha folla de papel entre eu e o mundo.
e nos xardíns, detrás das sebes,
os cortacéspedes anunciaban o mes de maio. 

Tradución ao galego: Yolanda Castaño

der westen

alemán | Jan Wagner

der fluß denkt in fischen. was war es also,
das sergeant henley ihm als erster
entriß, die augen gelb und starr, die barteln
zwei schürhaken ums aschengraue maul,
das selbst die hunde winseln ließ?

die stromschnellen und ihre tobende
grammatik, der wir richtung quelle folgen.
die dunstgebirge in der ferne,
die ebenen aus gras und ab und zu
ein eingeborener, der amüsiert
zu uns herüberschaut und dann
im wald verschwindet: all das tragen wir
in adams alte karte ein, benennen
arten und taten. fieber in den muskeln
und über wochen die diät aus wurzeln
und gottvertrauen. unterm hemd die zecken
wie abstecknadeln auf der haut: so nimmt
die wildnis maß an uns.

seltsames gefühl: die grenze
zu sein, der punkt, an dem es endet und
beginnt. am feuer nachts kreist unser blut
in wolken von moskitos über uns,
während wir mit harten gräten
die felle aneinander nähen, schuhe
für unser ziel und decken für die träume.
voraus das unberührte, hinter uns
die schwärmenden siedler, ihre charta
aus zäunen und gattern; hinter uns
die planwagen der händler,
die großen städte, voller lärm und zukunft.

© Berlin Verlag
from: Achtzehn Pasteten
Berlin: Berlin Verlag, 2007
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin 2010

o oeste

gallego

o río pensa en peces. que foi, entón,
o que o sarxento henley correu a arrincarlle:
os ollos amarelos e aletargados, os bigotes
coma dous atizadores a rentes desa mandíbula cincenta,
que ata fixeron ouvear os cadelos?

os abranquexados rápidos e a súa rabiosa 
gramática que seguimos até o nacemento do río.
as montañas fumarentas lonxe de nós na distancia,
as chairas de pastos e, de cando en vez, 
un nativo que, divertido, mira para nós e 
desaparece no bosque. todo o que cartografamos
no vello mapa de adán, clasificámolo en
actos e especies. suores de febre.
a nosa dieta a base raíces e fe. baixo a 
camisa as carrachas chantadas na pel coma
alfinetes: así a vida salvaxe 
nos toma con tino as medidas.

sensación estraña: ser o límite, 
o punto no que a fronteira remata e
comeza. de noite, arredor do lume, o noso sangue 
circula en nubes de mosquitos riba de nós, 
mentres con duras espiñas de peixe nos cosemos
pelizas os uns aos outros, zapatos para as nosas
metas e sabas resistentes para os soños.
fronte a nosoutros o intacto. atrás de nós
o enxame de colonos e os seus estatutos redactados a
base de cancelas e valados. atrás de nós 
os carros con toldo dos comerciantes, as
grandes cidades, cheas de ruído e de futuro.

Tradución ao galego: Yolanda Castaño

teebeutel

alemán | Jan Wagner

I

nur in sackleinen
gehüllt. kleiner eremit
in seiner höhle.


II

nichts als ein faden
führt nach oben. wir geben
ihm fünf minuten.

© Berlin Verlag
from: Achtzehn Pasteten
Berlin : Berlin Verlag, 2007
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin 2010

bolsiña de té

gallego

I

envolto só nun manto de
tea de saco. o pequeno ermitán
na súa caverna.
            

II

só un fío conduce
cara ao mundo superior. temos que darlle
cinco minutos.

Tradución ao galego: Yolanda Castaño

*QUE É DOR/ A DOR QUE DE VERAS SENTE

gallego | Yolanda Castaño

Teño cara de gustarme
as cousas que non me gustan.

Os labios de toda a xente
falan sen despegarse.

Isto tamén é así.
As paredes dunha gruta na que alguén, hai dez mil anos,
desdoura o natural da pedra.
Moedas, corrente alterna,
unha rapaza nada cos xenes da beleza,
toda picada de complexos.
Coma un orgasmo de Hedy Lamarr, os ollos de Nikola Tesla.
Un país onde non ser,
onde só cómpre
parecelo.
Luvas desenfundadas, sal, a máis prestixiosa
de todas as escolas de dobraxe.

O capital é o pesadelo
de quedarmos atoados na nosa capacidade simbólica.
A máis favorecedora de todas:
maquillaxe tanatoestética.
Anos de traballo voltos un pedazo de granito ecuestre.
Unha industria da miseria, as leiras do volframio.
Coma un corpo ardente que sabe, e
disimula.
Pestanas postizas de marca barata, unha imaxe
idéntica a si mesma.

Coma poesía política que se confunde
cunha autofoto fronte o espello do baño.
A metonimia do mal,
normativo dislocado.
Escenificación, menú, a escaleira de incendios do discurso.
Algo ao que lle medran raíces aéreas
e devece por volver á terra en canto hai tempo que saíu á luz;
coma os ollos das patacas.

A ollada do poema é tamén así:
filas de formigas obreiras
esmagadas para permanecer,

restos de acenos
que parecen

outra cousa.

© Yolanda Castaño
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin, 2015

*QUE ES DOLOR/EL DOLOR QUE DE VERAS SIENTE

español

Tengo cara de gustarme
las cosas que no me gustan.

Los labios de todo el mundo
hablan sin despegarse.

Esto también es así.
Las paredes de una gruta en la que alguien, hace diez mil años,
mancilla lo natural de la piedra.
Monedas, corriente alterna,
una muchacha nacida con los genes de la belleza,
toda picada de complejos.
Como un orgasmo de Hedy Lamarr, los ojos de Nikola Tesla.
Un país donde no ser,
donde sólo
parecerlo.
Guantes desenfundados, sal, la más prestigiosa
de todas las escuelas de doblaje.

El capital es la pesadilla
de quedarnos atorados en nuestra capacidad simbólica.
El más favorecedor de todos:
maquillaje tanatoestético.
Años de trabajo vueltos un pedazo de granito ecuestre.
Una industria de la miseria, las huertas del wolframio.
Como un cuerpo ardiente que sabe, y
disimula.
Pestañas postizas de marca barata, una imagen
idéntica a sí misma.

Como poesía política que se confunde
con una autofoto frente al espejo del baño.
La metonimia del mal,
normativo dislocado.
Escenificación, menú, la escalera de incendios del discurso.
Algo a lo que le crecen raíces aéreas
y anhela volver a la tierra en cuanto hace un tiempo que salió a la luz;
como los ojos de las patatas.

La mirada del poema es también así,
filas de hormigas obreras
aplastadas para permanecer,

restos de gestos
que parecen

otra cosa.

Traducción al español de Yolanda Castaño

HISTORIA DA TRANSFORMACIÓN

gallego | Yolanda Castaño

Foi primeiro un trastorno
unha lesiva abstinencia de nena eramos pobres e non tiña nin aquilo
raquítica de min depauperada antes de eu amargor carente unha
parábola de complexos unha síndrome unha pantasma
(Aciago a partes iguais botalo en falla ou lamentalo)
Arrecife de sombra que rompe os meus colares.
Foi primeiro unha branquia evasiva que
non me quixo facer feliz tocándome co seu sopro
son a cara máis común do patio do colexio
a faciana eslamiada que nada en nada sementa
telo ou non o tes renuncia afaite traga iso
corvos toldando nubes unha condena de frío eterno
unha paciente galerna unha privada privación
(nena de colexio de monxas que fun saen todas
anoréxicas ou lesbianas a
letra entra con sangue nos cóbados nas cabezas nas
conciencias ou nas conas).
Pechei os ollos e desexei con todas as miñas forzas
lograr dunha vez por todas converterme na que era.

Pero a beleza corrompe. A beleza corrompe.
Arrecife de sombra que gasta os meus colares.
Vence a madrugada e a gorxa contén un presaxio.
Pobre parviña!, obsesionácheste con cubrir con aspas en vez de
co seu contido.
Foi un lento e vertixinoso agromar de flores en inverno
Os ríos saltaban cara atrás e resolvíanse en fervenzas rosas
borboletas e caracois nacéronme nos cabelos
O sorriso dos meus peitos deu combustible aos aeroplanos
A beleza corrompe
A beleza corrompe
A tersura do meu ventre escoltaba á primavera
desbordaron as buguinas nas miñas mans tan miúdas
o meu afago máis alto beliscou o meu ventrículo
e xa non souben qué facer con tanta luz en tanta sombra.

Dixéronme: “a túa propia arma será o teu propio castigo”
cuspíronme na cara as miñas propias virtudes neste
clube non admiten a rapazas cos beizos pintados de vermello
un maremoto sucio unha usura de perversión que
non pode ter que ver coa miña máscara de pestanas os
ratos subiron ao meu cuarto enluxaron os caixóns da roupa branca
litros de ferralla alcatrán axexo ás agachadas litros
de control litros de difamadores quilos de suspicacias levantadas
só coa tensión do arco das miñas cellas deberían maniatarte
adxudicarte unha estampa gris e borrarte os trazos con ácido
¿renunciar a ser eu para ser unha escritora?
demonizaron o esguío e lanzal do meu pescozo e o
xeito en que me nace o cabelo na parte baixa da caluga neste
clube non admiten a rapazas tan ben adobiadas
Desconfiamos do estío
A beleza corrompe.
Mira ben se che compensa todo isto.

© Yolanda Castaño
from: Profundidade de campo
Espiral Maior: La Coruña, 2007
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin, 2015

HISTORIA DE LA TRANSFORMACIÓN

español

Fue primero un trastorno
una lesiva abstinencia de niña éramos pobres y no tenía ni aquello
raquítica de mí depauperada antes de yo amargor carente una
parábola de complejos un síndrome un fantasma
(Aciago a partes iguales echarlo en falta o lamentarlo)
Arrecife de sombra que rompe mis collares.
Fue primero una branquia evasiva que
no me quiso hacer feliz tocándome con su soplo
soy la cara más común del patio del colegio
el rostro insustancial que nada en nada siembra
lo tienes o no lo tienes renuncia acostúmbrate traga eso
cuervos toldando nubes una condena de frío eterno
una paciente galerna una privada privación
(niña de colegio de monjas que fui salen todas
anoréxicas o lesbianas la
letra entra con sangre en los codos en las cabezas en las
conciencias o en los coños).
Cerré los ojos y empecé a desear con todas mis fuerzas
lograr de una vez por todas convertirme en la que era.

Pero la belleza corrompe. La belleza corrompe.
Arrecife de sombra que gasta mis collares.
Vence la madrugada y la garganta contiene un presagio.
¡Pobre bobita!, te obsesionaste con cubrir con cruces en vez de
con su contenido.
Fue un lento y vertiginoso brotar de flores en invierno
Los ríos saltaban hacia atrás y se resolvían en cataratas rosas
lamparillas y caracoles me nacieron en los cabellos
La sonrisa de mis pechos dio combustible a los aeroplanos
La belleza corrompe
La belleza corrompe
La tersura de mi vientre escoltaba a la primavera
se desbordaron las caracolas en mis manos tan menudas
mi más alto halago pellizcó mi ventrículo
y ya no supe qué hacer con tanta luz en tanta sombra.

Me dijeron: “tu propia arma será tu propio castigo”
me escupieron en la cara todas mis propias virtudes en este
club no admitimos a chicas con los labios pintados de rojo
un maremoto sucio una usura de perversión que
no puede tener que ver con mi máscara de pestañas los
ratones subieron a mi cuarto ensuciaron los cajones de ropa blanca
litros de ferralla alquitrán acecho a escondidas litros
de control litros de difamadores kilos de suspicacias levantadas
sólo con la tensión del arco de mis cejas deberían maniatarte
adjudicarte una estampa gris y borrarte los trazos con ácido
¿renunciar a ser yo para ser una escritora?
demonizaron lo gentil y lo esbelto de mi cuello y el
modo en que nace el cabello en la parte baja de mi nuca en este
club no admiten a chicas que anden tan bien arregladas
Desconfiamos del verano
La belleza corrompe.
Mira bien si te compensa todo esto.

Traducción al español de Yolanda Castaño

MAZÁS DO XARDÍN DE TOLSTOI

gallego | Yolanda Castaño

Eu,
que bordeei en automóbil as beiras do Neretva,
que rebañei en bicicleta as rúas húmidas de Copenhague.
Eu que medín cos meus brazos os buratos de Saraxevo,
que atravesei ao volante a fronteira de Eslovenia
e sobrevoei en avioneta a ría de Betanzos.
Eu que collín un ferry que arribase ás costas de Irlanda,
e á illa de Ometepe no Lago Cocibolca;
eu que non esquecerei aquela tenda en Budapest,
nin os campos de algodón na provincia de Tesalia,
nin unha noite nun hotel aos 17 anos en Niza.
A miña memoria vai mollar os pés á praia de Jurmala en Letonia
e na sexta avenida síntense coma na casa.
Eu,
que houben morrer unha vez viaxando nun taxi en Lima,
que atravesei o amarelo dos campos brillantes de Pakruojis
e crucei aquela mesma rúa que Margarett Mitchell en Atlanta.
Os meus pasos pisaron as areas rosadas de Elafonisi,
cruzaron unha esquina en Brooklyn, a ponte Carlos, Lavalle.
Eu que atravesei deserto para ir ata Essaouira,
que me deslicei en tirolina dende os cumios do Mombacho,
que non esquecerei a noite que durmín na rúa en Amsterdam,
nin o Mosteiro de Ostrog, nin as pedras de Meteora.
Eu que pronunciei un nome no medio dunha praza en Gante
que unha vez suquei o Bósforo vestida de promesas,
que nunca volvín ser a mesma despóis daquela tarde en Auschwitz.
Eu,
que conducín cara o leste até preto de Podgorica,
que percorrín en motoneve o glaciar de Vatnajökull,
eu que nunca me sentín tan soa coma na rue de Sant Denis,
que xamáis probarei uvas coma as uvas de Corinto.
Eu, que un día recollín
   mazás do xardín de Tolstoi,
quero voltar a casa:
o recanto
que prefiro
da Coruña

xusto en ti.

© Yolanda Castaño
from: Varios autores - A Coruña á luz das letras
Iñás-Oleiros: Ed. Editorial Trifolium, 2008
Audio production: Literaturwerkstatt Berlin, 2015

*MANZANAS DEL JARDÍN DE TOLSTOI

español

Yo,
que bordeé en automóvil las orillas del Neretva,
que apuré en bicicleta las calles húmedas de Copenhague.
Yo que medí con mis brazos los boquetes de Sarajevo,
que atravesé, al volante, la frontera de Eslovenia
y sobrevolé en avioneta la ría de Betanzos.
Yo que partí en un ferry que arribaba a las costas de Irlanda,
y a la isla de Ometepe en el Lago Cocibolca;
yo que nunca olvidaré aquella tienda en Budapest,
ni los campos de algodón en la provincia de Tesalia,
ni una noche en un hotel a los 17 años en Niza.
Mi memoria va a mojar los pies a la playa de Jurmala en Letonia
y en la sexta avenida se siente como en casa.
Yo,
que pude morir una vez viajando en un taxi en Lima,
que atravesé el amarillo de los campos brillantes de Pakruojis
y crucé la misma calle que Margarett Mitchell en Atlanta.
Mis pasos pisaron las arenas rosadas de Elafonisi,
cruzaron una esquina en Brooklyn, el puente Carlos, Lavalle.
Yo que atravesé desierto para ir hasta Essaouira,
que me deslicé en tirolina desde las cumbres del Mombacho,
que no olvidaré la noche que dormí en plena calle en Amsterdam,
ni el Monasterio de Ostrog, ni las piedras de Meteora.
Yo que pronuncié un nombre en el medio de una plaza en Gante,
que surqué una vez el Bósforo vestida de promesas,
que nunca volví a ser la misma después de aquella tarde en Auschwitz.
Yo,
que conduje hacia el este hasta cerca de Podgorica,
que recorrí en motonieve el glaciar de Vatnajökull,
yo que nunca me sentí tan sola como en la rue de Sant Denis,
que jamás probaré uvas como las uvas de Corinto.
Yo, que un día recojí
manzanas del jardín de Tolstoi,
quiero volver a casa:
el escondite
que prefiero
de A Coruña

justo en ti.


Traducción al español de Yolanda Castaño

УРОК ПЕНИЯ

ruso | Wjatscheslaw Kuprijanow

Человек
изобрел клетку
прежде
чем крылья

В клетках
поют крылатые
о свободе
полета

Перед клетками
поют бескрылые
о справедливости
клеток

© Вячеслав Куприянов
Audio production: Вячеслав Куприянов, 2013

LECCIÓN DE CANTO

gallego

O home
inventou a gaiola
antes
do que as ás

Nas gaiolas
os alados cantan
á liberdade
de voar

Antes das gaiolas
cantan os sen ás
á xustiza
das gaiolas.

Tradución ao galego: Yolanda Castaño